manulago 

Espectáculo para rúa e espazos non convencionais | 25 min

LAS TRICOTOUSES

MOMENTO BLOOMING

  • Facebook

Compañía de danza contemporánea desde  2012 dirixida por Cristina Montero e Rut Balbís.

Emoticores é o seu terceiro espectáculo e primeiro escénico:

So unha escusa (2012), Momento Blooming (2014) e Emoticores (2017).

Emoticores foi seleccionado para o Catálogo Danza a Escena 2017, Galicia Mostra PRO 2017 e Circuito de Teatros Alternativos 2017.

MOMENTO BLOOMING conxuga momentos íntimos con momentos superficiais, choros e risas, inxenuidade e ensoñación, realidade e ficción.

Todo isto sen esquecernos de que é unha peza de danza ubicada noutro contexto. Unha oportunidade para ofrecer unha experiencia diferente ao asiduo consumidor.

Queres ser rico ou pobre?

Sabemos os segredos do teu éxito.

Temos a solución aos teus problemas financieiros.

Non perdas esta ocasión única, onde corpo, movemento, música e danza se xuntan para facer un cóctel anticrise.

Creación e interpretación 

Cristina Montero e Rut Balbís

Fotografías

Ovidio Aldeagunde

Vídeo

Manu Lago

Socio amigo de:
Captura de pantalla 2018-10-05 a las 20.
Colectivo RPM
  • Facebook