manulago

NINA NINETTE
É un proxecto artístico galego integrado por Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Begoña Cuquejo que combina o traballo de compañía coa xestión cultural, con proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre Danza ou o Adestramento Profesional en Danza Contemporánea en Santiago de Compostela.
CÍA TRASPEDIANTE
Espectáculo de danza familiar | Espazos convencionais | 55 min.
07/03/2021 | ESTREA | Teatro Principal | Santiago de Compostela
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será que ela o consegue?
Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
María Torres (compañía Elefante Elegante) e Marta Alonso Tejada e Paula Quintas (trasPediante) forman un equipo de creación para a peza iniciada a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921.
.
Autoría e dirección:
María Torres
Coreografía:
Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Elenco:
Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
Escenografía:
Gonçalo Guerreiro
Música orixinal:
Alex Salgueiro
Vestiario:
Diego Valeiras
Iluminación:
Nacho Martín
Atrezzo:
Marta Mallo e Juan Lens
Distribución:
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Produción:
Traspediante
Axuda á creación:
Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia
Colaboran:
Concello da Estrada, Concello de Negreira, Danza Alfaia, Centro Coreográfico Galego, Galicia Danza Contemporánea.

