manulago 

Espectáculo de danza | Espazos escénicos 50 minutos | Versión rúa e non convencionais 15 min | Todos os públicos 

​CÍA PRÁCIDO DOMINGO

NON HAI QUE SER UNHA CASA PARA TER PANTASMAS

  • Facebook

 compañía emerxente que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico:

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e  Fran Martínez.

 Premio da Crítica 

 Certamen Coreográfico de Madrid 2018 

 1º Premio Xuventude Crea 

 Xunta de Galicia 2017 

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixes fundamentais: o Aikido (arte marcial xaponesa) e a danza contemporánea, complementados con outras técnicas corporais como son o teatro físico e a danza Butoh, esta úlima tamén de orixe xaponés. Interésanos experimentar como absorber, dende unha fisicalidade occidental, algúns preceptos físicos orientais sendo conscientes desta diferenciación cultural e investigando cómo facela nosa. Cada unha destas disciplinas deixa a súa pegada na peza, sempre ao servizo do que esta creación precisa para devolver a vida ás nosas pantasmas durmidas. 

 

Tomamos como punto de partida o concepto físico de resiliencia, entendido este como a capacidade dun corpo ou materia para recuperar o seu estado inicial una vez cesada a perturbación á que estaba sometido. Para isto apostamos por unha posta en escena que busque e reivindique o valor dos pequenos detalles, partindo do corpo como canal expresivo e comunicativo. 

Non hai que ser unha Casa – para ter Pantasmas -

Non é necesario ser unha Habitación – 

Pois o Cerebro ten Pasadizos – ao marxe do 

Espazo Material – 

É máis seguro toparse a Medianoite 

Cun Espíritu de fóra, 

Que plantar cara ao que se leva dentro – 

Ese Xélido Hóspede. 

É máis seguro profanar as Lousas

Ao percorrer unha Abadía –

Que atoparse sen Armas a un mesmo –

En Lugar solitario –

 

O eu que vixía tralo eu –

Debería asustarnos moito máis –

Un Asasino oculto na nosa Casa

Non é tan terrorífico –

 

Toma o Corpo – un Revólver –

E pecha os Candados –

Ignorando a un espectro máis temible –

Ou Algo máis –

 

Poema 670

Poemas á morte, Emily Dickinson 

Peza estrenada na súa versión de rúa no Festival Artes no Camiño en Sarria o 30 de xullo de 2017 e

na versión de sala no Teatro Ensalle de Vigo o 7, 8, 9 e 10 de decembro de 2017.

 

Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid, 2018.

1º Premio Xuventude Crea, 2017.

Presentouse en:

Encuentro Internacional de Jóvenes Creadores, Casadorrante, Montevideo (Uruguay), 2018; Xornadas "A escena galega no palco do Colón", Teatro Colón (A Coruña), 2018; Festival Cortoindanza, Cagliari (Cerdeña), 2018; Espacio Inestable Valencia, 2018; Festival Corpo(a)terra, Allariz (Ourense), 2018; Sala Ingrávida, Porriño (Pontevedra), 2018; Certamen Coreográfico de Madrid, 2018; Festival Migrats en Breu (Espacio Inestable, Valencia), 2017; Teatro Ensalle de Vigo (Pontevedra), 2017; Gala Xuventude Crea, Outes (A Coruña), 2017; Festival Metro Cadrado - FIOT, Carballo (A Coruña), 2017; Festival Herdanza, Santiago de Compostela (A Coruña), 2017.

Creación

Prácido Domingo

Interpretación

Belén Bouzas, Diego M.Buceta e Fran Martínez

Iluminación

Laura Iturralde

Fotografía

Joaquim Leal, Laura Iturralde e Diego Freijeiro

Deseño gráfico

Alba Troiteiro

Web

Beno Molina

Agradecementos

Asociación Pedra lo Lagarto, Kombat RB, ABP Sport, Teatro Ensalle, Can Cun Quinqué, María Jesús Piñeiro, Avelina Pérez, Venan Rodríguez, Fran Núñez, Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Diego Valeiras e Helena Fredricksen.

 CRÍTICAS 

“Mais para debullar os nexos entre os espectáculos do Herdanza non se podería esquecer un dos que conectaron mellor co público pola súa grande beleza, o Non hai que ser unha casa para ter pantasmas de Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta, que acolleu a praza da Inmaculada. Aikido e danza contemporánea danse da man nesta peza na que non só, -como en Mapa- se explora o corpo do outro, senón que se xoga coa posibilidade de transformar tres corpos nun, ou en dous, e volta á individualidade, e regreso á unión… ata levar a unha sorte de aperta de encontro co outro, sen deixar de ser tres.”

Praza Pública 

“Non hai que ser unha casa para ter pantasmas es otro poema escénico de danza teatro que invita a una contemplación plácida, para ir, poco a poco, sin que nos demos cuenta, adentrándonos en zonas misteriosas que concitan asociaciones entre la animalidad de lo corpóreo, lo voluptuoso, y la espiritualidad de lo etéreo.” 

[...]

“Un trabajo coreográfico con una dramaturgia muy cohesionadora, que pivota sobre la contemplación de figuras que nos transportan y nos suspenden, en un estado casi de hipnosis, donde la belleza de la forma es la belleza del contenido.” 

[…]

“Los fantasmas no están en las casas ni en las paredes, están en nosotras/os y entre nosotras/os, pero la belleza de las formas exorciza los miedos.” 

Fantasmas y transportaciones en Prácido Domingo Afonso Becerra, ARTEZBLAI El periódico de las Artes Escénicas

“No Teatro Ensalle asistín a unha das pezas máis delicadas e deliciosas que vin ultimamente. Unha desas alfaias que teñen o seu valor non tanto polo brillo dos metais senón pola compacta cor das pedras precisoas na que esa alfaia se monta. Refírome a Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, marabilloso título coa que se presenta a compañía p r a c i d o · d o m i n g o .”

“Non hai que ser unha casa para ter pantasmas desde o punto de vista enerxético é un continuum que flúe en perpetuo movemento, que vai e ven como a vida ante os nosos ollos sen amosar en ningún momento a inmensa forza que se necesita para lograr es ese efecto e esa inmensidade estética.” 

“E sobre todo a mirada, ese ollos sobrenaturais cos que os tres integrantes de prácido·domingo nos contemplan a nós, os espectadores. É como se nelas ,nas miradas, habitase a historia biolóxica da nosa especie, e porén, se nos amosase por vez primeira, case como unha revelación. “ 

Antón Lopo fala de 'Non hai que ser unha casa para ter pantasmas‘, Diario Cultural | Radio Galega 

Socio amigo de:
Captura de pantalla 2018-10-05 a las 20.
Colectivo RPM
  • Facebook