top of page
  • Instagram Funboa Escénica
  • Facebook Funboa Escénica
  • YouTube Funboa Escénica

esp > gal > O que segue, 2019

O que segue son eu que o sigo intentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin os xuizos das miñas disertaciones sobre a realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotiá e as miñas contradiccións entre a arte e a vida".

Coprodución co Centro Dramático Galego · Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia

Creación, dirección, textos e interpretación Cristina Balboa

Asistencia dirección Manuel Parra García

Dramaturxia Cristina Balboa e Manuel Parra García

Iluminación Afonso Castro

Música orixinal e videocreación Cristina Balboa

Produción Manu Lago e Cristina Balboa

Vestiario Paula Quintas e Centro Dramático Galego

Espazo escénico e deseño gráfico Mauro Trastoy

Tradución Natalia Vázquez

Fotografía Ángel Sousa, Fran Riveiro e Manu Lago

Vídeo Ángel Sousa

Difusión Mónica Mejías · Veydile e Manu Lago

Produce Funboa Escénica

Coproduce Centro Dramático Galego - Agadic - Xacobeo 2021 - Xunta de Galicia

Colaboran Colectivo RPM, Concello Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Proxecto PANK, Galicia Danza Contemporánea

Agradecementos Á miña chamana, Marga "La Buha", Fefa Noia, Xoan Xil, Sala Agustín Magán, Residencias Paraíso, Alexis Fernández - Maca, Andrea Quintana, Caterina Varela Garea, Félix Fernánd4ez, Sadhguru, Elena Malova, Estevo Creus, Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Marta Miranda e ós meus sosorios, á miña brother e ós meus pais.  

cris_a3.jpg

Levaba un tempo pensando en facer unha obra relacionada coa miña nova faceta de compositora musical, a miña afección por bailar nas discotecas e a miña querencia cara os textos demoledores. O que segue foi o proxecto que presentei á convocatoria das Residencias Paraíso para materializar a miña búsqueda nunha primeira fase. O apoio outorgouseme e sen dúbida foi o detonante principal para facer xurdir algo novo que doutra maneira non nacería nese momento nin con esta infraestructura.

A diferenza dos meus anteriores traballos, onde sempre había un período de xestación antes de entrar ao espazo de ensaio, en O que segue intentei descubrir o xerme do proceso no propio espazo enfrentándome a el. A investigación in situ xenerou unha dramaturxia desde o concepto de baleiro, deserto ou naufraxio consentido, onde a miña relación coa música, que me mantiña a flote, foi xenerando unha dramaturxia basada na composición musical en vivo e no relato que sucede nese acto performativo.

O que segue está despois, é unha fuxida cara adiante, un exceso de futuro. O que segue é atopar un xeito de vivir intelixente, de aceptación dunha mesma e das outras/os. O que segue é un novo proxecto de reciclaxe manual das miñas desfeitas que se abalanzan sobre min cando abro o armario do meu cuarto.  Unha produción na que quede constancia de tódalas miñas habilidades adquiridas gracias os tutoriais do youtube.

 

O que segue é un novo tema con loops do garage band, o que segue é unha letra en inglés inventado. O que segue é coidar a miña nena interior ferida. O que segue é eu cantando un cante jondo ou  lendo unha das entradas do  blog Lo que sigue en Teatron. O que segue é pechar as portas á ira do pasado para comenzar de novo a ritmo de techno refinado con tintes africanos. O que segue é ensinarvos os meus poderes. O que segue é un estado líquido, proceso, enerxía e a sua dirección cara vós. Que o que segue ocupe o seu lugar noutro espazo, que abandone o noso tempo a partir de agora.

O que segue creouse nas residencias Paraíso do Colectivo RPM e do Salón Teatro e presentouse como proceso no ciclo Mulleres en Acción -  Violencia Zero en Cambados e Picnic Sessions de CA2M de Madrid. O proceso finaliza de novo no Salón Teatro cunha última residencia e estrea os días 18, 19 e 20 de outubro 2019.

Funcións realizadas:

Estrea os días 18, 19 e 20 de outubro 2019 · Salón Teatro · Santiago de Compostela

17, 18 e 19 de xaneiro de 2020 · Teatro Ensalle · Vigo

26 de xuño de 2020 · Festival Primavera TRC Danza · Teatro Rosalía · A Coruña

28 de novembro de 2020 · Auditorio Municipal · Negreira · A Coruña

15 de decembro de 2020 · Casa da Cultura · Boiro · A Coruña

TIRA LOGOS O QUE SEGUE.jpg
bottom of page