manulago
O RARO É QUE BAILAR
SEXA RARO
COLECTIVO VACABURRA
Espectáculo de danza contemporánea | 55 min.

Vacaburra é o resultado da colisión de dúas artistas, unha vaca e unha burra: a variopinta Andrea Quintana e a mullerona Gena Baamonde que unen as súas inquedanzas e traxectorias nun proxecto común. Vacaburra xrude como un colectivo de recente formación que xria en torno a creación escénica e coreográfica. Aberto al diálogo continuo con outras artistas e disciplinas, bebendo das diversas linguaxes escénicas para a creación dos seus proxectos. Interesadas nas prácticas fronteirizas e nas pedagoxías alternativas levando máis alá do escénico os traballos de investigación e os procesos de creación
17/10/2020 | ESTREA | Festival FITO | Ourense
Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle. Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non-normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con apariencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo- biografía pirata. Esto vai de bailar bailando.
Creación e coreografía
Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia
Gena Baamonde e Andrea Quintana
Iluminación
Baltasar Patiño
Espazo sonoro
Davide González e Andrea Quintana
Vestiario
Saturna
Imaxe gráfica e fotografia
6ollos
Produción executiva
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Produción
Vacaburra
Distribución
Vacaburra · Andrea Quintana
e Galicia Danza Contemporánea
Co apoio de
Concello de A Coruña
Colaboran
Colectivo RPM
Salón Teatro · Centro Dramático Galego