manulago
OCCO
COLECTIVO D'ELAS
Espectáculo de danza | Rúa e espazos non convencionais | 15 min.

21/08/2021 | ESTREA | Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio
Non sempre é chegar e encher, ás veces é chegar e baleirar. Pero aínda despois de sacar todo, ese baleiro segue pesando. ¿É algo que sempre nos acompaña ou desaparece cando deixamos de mirar?
Occo é a primeira creación do colectivo D'elas, unha peza de medio formato para rúa ou espazos non convencionais. Trátase da posta en movemento do baleiro a través das experiencias persoais das intérpretes, mediante algunhas das múltiples acepcións que presenta este concepto, desde o baleiro existencial, o encherse de valor ou o baleirarse para poder volver a encherse; ata un reflexo da sociedade onde canto máis se enche un lado do mundo máis se baleira o outro.
Dirección:
Julia Laport e Sabela Domínguez
Intérpretes:
Andrea Castro, Eloi García, Martín Sanjurjo, Myriam González, Nerea Balado e Noelia Mato
Estrenado o 21/08/2021 en Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, realizan as seguintes funcións:
21/08/21: Pazo de Oca - A Estrada (Pontevedra). Propulsa Danza
22/08/21: Praza do Mar - Sanxenxo (Pontevedra). Propulsa Danza
28/08/21: Praza de Galicia - Lalín (Pontevedra). Propulsa Danza