
O Salón dos Pasos Perdidos é un espectáculo para rúa e espazos non convencionais de 15 minutos de duración coproducido pola Xunta de Galicia - Xacobeo 21_22 a través do Centro Coreográfico Galego.
Catro camiñantes que se encontran e se reencontran nun ritual compartido. Unha amalgama de historias que conflúen no meeting point: O Salón dos Pasos Perdidos.
O Salón dos Pasos Perdidos xunta a catro camiñantes impulsadas polo desprazamento como acción universal que as conecta. A confluencia de catro vías nun espazo común, nun punto de encontro onde atopar corpos, tempos e estados. Todo está alí, todo está presente.
Poñer o corpo para reencontrarse co propio corpo e reinventalo, reinterpretalo, redimensionalo.

Creadoras:
Esther Latorre, Fran Martínez, Hugo Pereira e Paula Quintas
Intérpretes:
Esther Latorre / Daniel Rodríguez, Fran Martínez, Hugo Pereira / Raquel Ferradás e Paula Quintas
Ollo externo:
Ana Beatriz Pérez
Música Orixinal:
Mounqup
Acompañamento en xestión e produción:
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía:
Rubén Vilanova
Vídeo:
Margherita Morello
Produce:
Paula Quintas Cía.
Coproduce:
Xunta de Galicia - Xacobeo 21_22 a través do Centro Coreográfico Galego
Colabora:
Danza Alfaia, Adolfo Domínguez, Concello Xunqueira de Espadanedo
Distribúe:
Lilian Portela · Amarelo Distribución Escénica
