manulago
Espectáculo de rúa e espazos non convencionais 50 min
REPLAY #1
PISANDO OVOS

Compañía de danza contemporánea desde 2004, residente doTeatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís.
A base do seu proxecto artístico é a búsqueda dunha linguaxe artística propia desde o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamento das imaxes e dos tempos lentos.
Ata agora, son nove as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas Redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do movemento.
Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800 e o Premio da Crítica de Galicia en Artes Escénicas no 2019.
É o novo proxecto da compañía Pisando Ovos para a celebración do seu 15 aniversario.
Replay son unha serie de encontros coreográficos de Rut Balbís con artistas emerxentes da danza de Galicia nos que convive a danza e a música electrónica co Dj Jas Processor.
Máis ca nunca, hoxe é necesaria a colaboración entre artistas e compañías en Galicia. Por suposto para poder retroalimentarnos e nutrirnos dos universos artísticos doutras creadoras, pero sobre todo para xerar novas posibilidades laborais e formas alternativas de achegar as nosas propostas ao público.
REPLAY #1
Neste primeiro Replay convidouse á bailarina e coreógrafa Alba Fernández Cotelo da Cía Exire, premio Sólodos En Danza Ourense 2017, a formar parte do proxecto.
Reaplay, Reapeat.
Volvemos a pulsar ON no GIVE IT A SPIN con máis ilusión e forza ca nunca tras un momento histórico inédito. Unha repetición onde retomar a acción e o pulso seguindo a estela do vinilo. Mentres, o cruce dos corpos e o intercambio en conversa do movemento e da música consiguen que Replay lle dea unha volta máis ao espectáculo GIVE it a spin de Pisando Ovos coa colaboracion especial de Alba Fernández Cotelo · Cía Exire e a súa peza ON, transformándose nunha acción performática co peche dunha sesión do DJ Jas Processor.

Creación
Jas Processor, Rut Balbís e Alba Fdez. Cotelo
Intérpretes
Alba Fdez Cotelo e Jas Processor
Produción e distribución
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Audiovisual
Ángel Sousa
Video teaser
Festival USCénica
Fotografía
Festival USCénica
Co apoio de
Laboratorio Escénico Coop. A Coruña
Replay foi estrenado no Festival USCénica de Santiago de Compostela o 3 de xullo 2020.
O 22 de xullo foi presentado en Pontevedra no programa Artes Vivas 2020.