Segue Buscando non é un paxaro, nin un avión, é Segue Buscando: "Cando o fracaso triunfe teremos éxito".
Creación e interpretación Cristina Balboa e Estevo Azañón
Dirección Cristina Balboa
Ollo externo Begoña Cuquejo
Axudante de dirección Estevo Azañón e Paulina Funes
Iluminación e deseño gráfico Paulina Funes
Edición de vídeo Cristina Balboa
Espazo sonoro Iago Seoane e Funboa Escénica
Tema orixinal Ostia Criminal Xacobe Martínez Antelo



Despois de cebarse a raquetazos cun corazón no seu primeiro espectáculo sobre o amor, Oiseau Rebelle, a Cía. volve cun traballo sobre o fracaso con Estevo Azañón e Cristina Balboa.
O que comenzara como unha serie web para difundir o proceso de Segue Buscando, presentouse ao público o xoves 7 de novembro do 2013 na Zona C de Compostela.
Segue Buscando non é un paxaro, nin un avión, é Segue Buscando. No propio título está a trampa, como rematar algo que se chama Segue Buscando? Como definir algo, e concretalo escenicamente cando nada nos convence, sempre hai outro lugar no que adentrarse, outro fracaso, outra idea desubicada, dun contexto absurdo, nun sentido amplo do teatro como metasentido da vida, desas fallas que nos impiden chegar a completar o puzzle. Como armar un material que non poida distinguirse da estructura que o contén, que se conteña. Non representalo, senón presentalo, documentalo, cartografialo, narralo e espolealo desde a impotencia de non poder selo. "Despois dun ano comprometidas con fracaso, seducíndoo, chamándoo, provocándoo, despois de longas charlas con taciñas de té, chegamos a unha conclusión: Cando o fracaso triunfe teremos éxito”.
Segue buscando foi presentado en:
5 e 6/6/2014 Forum Metropolitano A Coruña
24/5/2014 Café de las Artes de Santander
15 e 16/8/2014 Sala Ingrávida Porriño Pontevedra
7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17/11/2013 Zona C Santiago