manulago
Espectáculo de danza | Espazos escénicos | Todos os públicos | 60 min.
JANET NOVÁS
SI PUDIERA HABLAR DE ESTO NO HARÍA ESTO

Bailarina e creadora galega. Reside en Madrid desde 2001.
Formouse en danza contemporánea entre Madrid, Bruselas e Berlín.
No 2008 comenza a crear e a desenvolver os seus propios proxectos dando lugar á experimentación e á auto-investigación. A súa obra constrúese desde a observación, a experiencia e o diálogo con seu corpo como principal ferramenta, apostando por unha linguaxe propia, moldeando o contido emocional e a sinxeleza estética que caracterizan os seus traballos.
As súas creacións presentáronse en prestixiosos festivais nacionais e internacionais como Rencontres Chorégraphiques, Festival de Marseille, Festival Nouvelles-Pole Sud, Cement Festival, Dança en Transito, MOV_S, TNT Dansa, Festival de Otoño a Primavera, Escenas do Cambio e o Festival Bad, entre outros.
“Náceme, sáeme, necesita sair e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible. Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse desde unha imaxe, desde o son, desde o silenzo. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que eso ocorra"
Nos meus procesos creativos hai dúas grandes liñas ou principios recurrentes importantes nas decisións que tomo e que perfilan os meus traballos: unha de carácter intuitivo e somático, e outra que reflexiona e faise preguntas sobre a primeira. O resultado estético das miñas pezas é unha transcrición do diálogo entre estas dúas formas de pensamento. Neste traballo tratei de privilexiar todos aqueles materiais que eran froito de pulsións, alonxándome así de toda a problemática que me plantexaba o discursivo.
Non plantexo ningunha pregunta, discurso ou reflexión colectiva. Descoñezo que argumento lle sería máis favorable a esta obra ou basicamente de que trata, esa incapacidade para describila impúlsame e motívame. Só quero accionar o meu corpo, o tempo e o espazo que me rodea, compartir sensacións, iniciar un camiño a través das miñas experiencias e as miñas necesidades de expresión onde a acción, a entrega, o compromiso e a responsabilidade seránimprescindibles para levar a cabo este traballo.
Interésame ampliar os límites do corpo e para iso utilicei unha serie de ferramentas: obxectos que constrúen imaxes maetafóricas, maquillaxes que transforman o corpo, vestiarios que reflexan luz e luces que visten espazos, texturas sonoras que crean paisaxes. Nesta peza esas paisaxes son autoreferenciais ou biográficas ainda que só fun consciente diso unha vez que comenzaron a actuar de maneira sinerxica, así podo recoñecer: os acantilados galegos, o mar, o folclore, o máxico, o ritual, o cósmico.
Dirección, creación e interpretación
Janet Novás
Dramaturxia
Ricardo Santana
Música orixinal
Haru Mori
Espazo sonoro
Haru Mori e Oscar Villegas
Acompañamento artístico
Antía Díaz e Lipi Hernández
Deseño de iluminación
David Picazo e Cristina Bolívar
Imaxe
Virginia Rota
Vestiario
Panamá Díaz e Maravilla Muñoz
Coprodución
Festival de Otoño a Primavera - Comunidad de Madrid, Teatro Pradillo, Festival Escenas do Cambio e Festival BadBilbao
Co apoio de
Graner Centro de Creació, Paso a 2, Conde Duque, Centro de Danza Canal e Coreógrafos en comunidad
Agradecementos
Carmen Fuentes e Proyecto Proyectil

Peza estrenada no Teatro Pradillo dentro da programación do Festival de Otoño a Primavera de Madrid o 4 de febreiro de 2016.
Presentouse, entre outros lugares, en Escenas do Cambio, BadBilbao, Fidcu de Montevideo, Festival Fitch e Centro Cultural de España en Chile, Teatro Rosalía de A Coruña, Conde Duque de Madrid e Centro Párraga de Murcia
Bestial, sideral, emocionante... la presencia y el movimiento de Janet Novás en su pieza Si pudiera hablar de esto no haría esto.
Afonso Becerra - Artezblai, periódico de las Artes Escénicas
Janet preséntase durante unha hora coma un ser camaleónico que habita o círculo do eu, na espiral do espazo-tempo. Sorprende como pode desprender unha sorte de esencia inmutáble –orixinal e única–, a través precisamente da súa capacidade de mutación constante.
(Sabela Mendoza - blog A cuerpo de baile