manulago
TRÁNSITO 1 / MOVEMENTO
TRASPEDIANTE
Espectáculo de danza contemporánea | Espazos non convencionais | 15 min.

Compañía de danza e artes do movemento desde 2011 e xestora de proxectos
culturais como Corpo(A)Terra, formación profesional en Compostela, Certame e Aula
de danza Doutras, De Corpo en Lugar, etc.
Como compañía aglutinan proxectos das súas tres creadoras: Marta Alonso Tejada,
Begoña Cuquejo e Paula Quintas.
Tránsito 1 / Movemento é unha peza curta de danza creada e bailada por Marta Alonso e Paula Quintas para Danza en Tránsito (programa do Día Internacional da Danza 2019 comisariado por Rut Balbís para a Deputación de A Coruña), celebrado o 29 de Abril 2019 na Estación de Renfe, Estación de Autobuses e Aeroporto de Santiago de Compostela.
Tránsito 1 / Movemento é a danza que está presente desde que somos existencia.
Existimos, somos, estamos, transitamos, conectamos, bailamos.
Tránsito 1 / Movemento é unha peza de danza contenta, danza espontánea, danza fresca.
Creación e interpretación
Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Fotos
Yoshimura e Miramemira
Vídeo
Miramemira
Produción e distribución
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea