manulago
VERTEBRATA
ALEJANDRA BALBOA
Espectáculo de danza | Rúa e espazos non convencionais | 11 min.

PREMIO MELLOR INTÉRPRETE | IV PLATAFORMA DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEANEOS | FESTIVAL DZM
Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan e incluso explotan. Ás veces parece que descansan, pero rapidamente recorren todo o espazo que poden para facerse notar.
Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a beliscar, entendereinas con claridade.
Pero non. Non consigo que durman.
Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e sair do meu corpo sen dificultade.
Dirección e interpretación
Alejandra Balboa
Acompañamento
Luis Marrafa
Fotografía
Paulina Funes - Corpoaterra e Ángel Sousa - Propulsa
Nicolás Yazigi -
Espectáculo estrenado no Corpo(a)Terra (Allariz) o 28/08/2020.
Foi finalista no Certamen de Creación SóLODOS En Danza Ourense 2020.
O 16 de abril 2021 participa en Atopémonos Bailando de Colectivo Glovo e o Concello de Lugo e en 6coreógrafas de A Estrada (Pontevedra)..
No 2021 realizou 3 funcións no ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio:
09/07/21: Portomarín (Lugo)
11/07/21: MIHL (Lugo)
17/07/21: Ribeira (A Coruña)
Finalista no Certame do Festival DZM en Cáceres - 2021.