top of page
 manulago 

VÉRTIGO

PISTACATRO

Espectáculo de danza en fachada | 30 minutos

_38A7240.jpg

 

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo. Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas.

Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.

As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertiente espectacular das artes verticais.

 

Proposta artística de Pistacatro Productora de Soños.

Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical en parede que se fai en Galicia e que propón outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento da man da compañía factoría de circo galega Pistacatro e en estreita colaboración co dúo de aerealistas Duelirium.

_MG_7165.jpg

 

Idea orixinal:

Belém Brandido e Diego Anido

 

Elenco:

Raquel Oitavén e Mercè Solé

 

Dirección Artística:

Diego Anido

 

Axudante Dirección e Movemento:

Paula Quintas

 

Asistencia Rigging:

Rubén Sacaferro

 

Iluminación:

Laura Iturralde

 

Música:

Nacho Muñoz

 

Vestiario:

Pistacatro

 

Maquillaxe/Perruquería:

Erea Pérez

 

Fotografia:

Rubén Vilanova

 

Deseño Gráfico:

Juan Gallego

 

Vídeo:

Tamboura

 

Produción e Distribución:

Belém Brandido-Pistacatro Productora de Soños

 

Coprodución:

MIT Ribadavia

 

Colabora:

Galicia Danza Contemporánea, Concello de Negreira, Concello de Santiago

 

Agradecementos á colaboración estreita con Arturo Cobas Lema, Clotilde Vaello e Galicia Danza Contemporánea

 

Peza estrenada o 25 de xullo de 2021 na MIT de Ribadavia

bottom of page