Unha historia crúa, como o sushi
Creación, interpretación e textos Cristina Balboa e Lúa Gándara
Dirección Cristina Balboa
Deseño de iluminación e asistencia técnica Javier Quintana
Asistencia movemento escénico Rut Balbís
Vídeo promocional Cristina Balboa
Asistencia en produción e foto Manu Lago





Despois de Oiseau Rebelle, no que cociñaban o amor romático Paulina Funes e Cristina Balboa, e de experimentar e relatar a historia dun fracaso en Segue Buscando con Estevo Azañón e Cristina Balboa, Funboa Escénica prepara Sushi Gratis, a última peza da triloxía Funboa.
Sushi é unha precuela, unha peza do que fomos, da raíz do desastre, dos recordos... A costrucción ficticia da propia vida e da nosa identidade. Nas tres propostas hai un traballo desde a verdade, a memoria e o contexto, onde o humor é utilizado como superación das fallas cósmicas que nós interpretamos como realidade. Hai un segredo, como o das telenovelas, que vai saindo á luz desde o que pide a historia, a través dun texto, en parte improvisado. Cristina Balboa conta a historia, Lúa Gándara é a confidente, a asistente, a que tira do fío e unha espectadora máis.
Estrenado na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Sala SalaSon o xoves 9 de xullo de 2015.
Houbo Sushi Gratis en:
2 e 3/102015 Forum Metropolitano A Coruña
8/10/2015 Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO
17/12/2015 Teatro Principal Santiago de Compostela
9/7/2015 Festival Cómico e Festivo de Cangas Pontevedra