LA MISMA PIEL 3:::1
Voltage Opposites Project | 2013
Idea Orixinal
Adriana Pazos Ottón e Paula Quintas
Coreografía e interpretación
Paula Quintas
Imaxe, vídeo e proxección
Adriana Pazos Ottón
Sinopse
La Misma Piel combina as diferentes liñas de investigación centrándose na TEMÁTICA FEMININA.
Os múltiples condicionantes da muller malabarista da súa realidade. O extremo da completitude e
perfección que se lle apremia a conquistar é mera ilusión, xa que o que se lle esixe non é o impor-
tante. Nesta tarefa a mujer pérdese a si mesma.
BUSQUEDA DA PERFECCIÓN/ MERA ILUSIÓN/ PÉRDIDA/ DISOLUCIÓN/ EVAPORACIÓN DA IDENTIDADE.
Dentro do descontrol o tempo deshabitado sigue correndo ao seu propio ritmo. O imperturbable se
superpón como idea do que está por fóra e non é consciente do noso proceso. Os valores e roles im-
postos son escenarios inconclusos dun universo feminino polifacético. Dentro dunha mesma pel
conviven inquietudes antagónicas e inexploradas. O achegamento aos nosos diálogos ocultos, o
rastreo dos nosos perfís improbables, forma parte da conquista do territorio persoal, é unha viaxe
íntima e individual que se xenera tanto consciente como inconscientemente.
¿Como nos relacionamos cos extremos? ¿Como convivimos con estas facetas?
Dar un paso é recoñecelas, dar un paso…é respirar.
Estrea
03/12/2013
Cuarto Público - Santiago de Compostela
Duración
30 min