

NEGRO
Daniel Abreu & Centro Coreográfico Galego | 2007
Coreografía e dirección
Daniel Abreu
Asistente de dirección
Igor Calonge
Música orixinal
Miguel Gil, Haru Mori e Masahiro Hiramoto
Intérpretes
Andrea Quintana, Janet Novas, Anuska Alonso e Daniel Abreu
Vestiario
TRAStornados
Sinopse
Negro é un traballo coreográfico para catro bailaríns/bailarinas, que se fundamenta no corpo como único instrumento motor de toda sensación. A coreografía son escenas creadas desde a reflexión da acción cotiá e/ou a partir da improvisación.
Desenvolvemento de material dancístico non codificado que xurde desde a observación, así coma o uso do rexistro técnico da danza. Podemos englobar o desenvolvemento do traballo dentro dos marcos de referencia da danza contemporánea e da improvisación. As experiencias dos propios intérpretes antes a súa memoria e a súa propia calidade de movemneto forzada pola dirección do traballo. Este traballo non fala do envoltorio da pel, nin do que oculta, senón do que esa pel ve, o que lle asusta e a transforma, o que a esperta e o que a dorme.
Falar de danza supón falar do corpo vivo, exposto e sensible. Pártese da idea de que expoñer un proxecto require un control extenso dos pensamentos e do que un vive. Nos procesos de creación ábrese a porta e déixase fluír o vaivén de ideas arredor dunha vivencia común, a dirección, a partir do que se quere contar.
Negro fala da pel durmida, do descanso, dunha paisaxe natural, de sermos honestos/as...
Estrea
Teatro Ensalle
18/01/2007
Duración
60 minutos
