O PÚBLICO ESTÁ AQUÍ
Sabela Mendoza| 2016
Creación e performance
Sabela Mendoza
Asistencia a dirección
Javier Martín
Textos
Sabela Mendoza
Agradecementos
Nadia Muhanna , Mey Seifan, Los Torreznos, MPECV- Artea.
Sinopse
“Non coñezo este lugar, por iso regreso a miúdo.”
O público está aquí, deixaron de ser esas persoas para seren
espectadoras. Son “o outro” para a escena, para a artista, ou
son “as outras” para si mesmas? A súa función na obra, a
función do público, é tamén esta representación. O lugar do público é un espazo baleiro, unha función espazo-tempo neutralizada, unha bisagra onde se desdobran os sentidos. Pero o público cóntase en cifras, quéreselle atraer e fidelizar, ten un día especial, é obxecto de estudos, estratexias e desexos, defínese a súa participación… e tamén se debuxa o espazo da súa experiencia: aquí. “A danza é o presente máis intenso que coñezo.”
Estrea
06/2016
Museo Reina Sofía- Madrid
Duración
50 minutos