

PIE IZQUIERDO
Matarile Teatro & Provisional Danza | 2005
Creación, coreografía e interpretación
Ana Vallés e Carmen Werner
Asistencia de dirección
Daniel Abreu
Textos
Javier Martínez Alejandre
Deseño de iluminación
Baltasar Patiño
Música
Collage e Baltasar Patiño
Outras músicas
Miguel Azguime, Carlos Paredes e Machín
Deseño gráfico
Baltasar Patiño
Fotos
Diego Ortiz e Baltasar Patiño
Vídeo
Diego Ortiz
Coprodución
Provisional Danza e Matarile Teatro
Colabora
Teatro Galán
Sinopse
Pasa a tarde, como pasa un día ou un ano, eu que sei; a tarde tamén é unha imaxe. E o bo nesta tarde -na que ti e eu decidimos atoparnos- é que me sinto tranquilamente a verte bailar, ti sorrís e ensínasme todos os dentes, e aí, ante a visión dos teus dentes, tan brancos, é cando te vexo realmente e quedo pasmada, paralizada, trato de lerte algo pero non me escoitas, desarticulanse as pernas, o meu pé esquerdo tropeza co dereito e caio, pero ti co teu empeño en sosterme, en colocarme, en poñerme dereita cando eu sempre estiven un pouco torcida. E desde unha destas posicións estúpidas nas que me deixas te observo, observo como Carmen sube, baixa, da saltos, corre, Carmen polas paredes, Carmen polo chan, Carmen detrás e diante de min, apartando cousas coas mans, sudando a gota gorda, ela, eu, que finalmente dou tres berros e lle rogo ao respectable que alguén que a queira lle diga que o deixe, que debería deixalo, estarse quieta e deixar de dar a lata. E eu, calar dunha puta vez.
Ana Vallés
Estrea
02/04/2005
Teatro Victoria - Santa Cruz de Tenerife
Duración
50 minutos
