

PLANIFICAR A CAÍDA
Traspediante | 2014
Creación e coreografía
María Roja e Begoña Cuquejo
Espazo sonoro
Pablo Seaone
Iluminación
Afonso Castro
Audiovisuais
Ángel Sousa
Dramaturxia
Ania González
Foto
Manu Lago
Sinopse
A serie Planificar a caída aborda os seguintes aspectos.
A paradoxa. Tomada como unha imposibilidade de planificación de algo que ocorre espontaneamente, como indica o seu propio nome. A imposibilidade do real. Facer unha análise sobre imaxinarios existentes de diversos medios de comunicación considerados cunha maior carga de veracidade con respecto a outros (linguaxes científicas versus poéticas, etc.).
– Toma de conciencia do corpo urbán, da comunicación entre os corpos urbáns (Exemplo: anuncios pegados nas farolas).
A pesar das críticas á posibilidade de coñecemento último basadas no método científico, efectuadas, entre outrxs, desde Kant a Nietzche, a teoría da relatividade e os paradigmas sistémicos, a idea dunha planificación completa da realidade e o comportamento dos corpos e os fenómenos cósmicos, segue en vigor. Na proposta, en cambio, contémplase o azar, o erro como unha forma de coñecemento.
A través das posibilidades de coñecemento e diálogo que se proporcionan no contexto da representación artísica, analízase como se comunican os corpos no espazo público, tanto de forma analóxica como dixital, profundízase na entidade dos corpos na cidade e no papel activo que desempeñan na comunicación.
As conclusións que se explicitan por medio do corpo e a acción performativa como forma de expresión actual do corpo. Enténdese a posta en escena como unha maneira de comunicación cotiá, e todo iso desde un punto de vista non científico, non proposicional, e nun ámbito de concepción da escena non dramático.
Estrea
27/06/2014
Vigo en Bruto - Teatro Ensalle de Vigo


