




QUE VOLVAN AS FLORES
Pisando Ovos | 2014
Creación e interpretación
Rut Balbis
Axuda en dirección
Janet Novás
Espazo lumínico
Afonso Castro
Técnico de luz en escena
Afonso Castro/ Fili
Colaboran
NORMAL, Coreógrafos en Comunidad, miramemira, Santos Salgado, Leo López e Manu Lago.
Sinopse
Unha práctica onde crear imaxes no momento. Unha peza que se reconstrúe cada vez que se fai. Partindo do concepto do desapego ás accións e baixo a rutina do “refacer”, enfrentámonos en cada exposición da peza a un momento diferente do que queremos facer partícipe ao público. Por isto, moitas das prácticas durante o periodo de creación foron abertas. A propia peza fala sobre o proceso de creación, construíndose ao mesmo tempo que se representa.
En Que volvan as flores son 25 cadeiras as que dan volume ás imaxes que se van construíndo e deconstruíndo invitando ao espectador a encher coa súa mirada os ocos baleiros. Unha peza aberta e viva que se irá transformando a medida que pase o tempo.
Estrea
26/05/2014
Teatro Ensalle de Vigo
Duración
50 minutos