top of page

DIEGO M. BUCETA

B I O  |  d i e g o  m.  b u c e t a
 


Titulado superior en interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2005-2009). Entre os anos 2009 e 2010 fórmome en artes circenses na escola Carampa en Madrid, especializándome en técnicas aéreas (trapecio fixo e teas). No ano 2010, ingreso no Real Conservatorio profesional de danza contemporánea de Madrid, estudos que remato no Conservatorio profesional de danza de Granada no ano 2015.

Desenvolvo a miña carreira profesional en montaxes de creadorxs como Álvaro Frutos/ Los negros (Waterloo, Zaragoza, 2017/2018), Xarope Tulú (Nómades, Galicia, 2018), Olga Cameselle (Leixaprem, Galicia, 2017), Sharon Fridman (Nido/Rizoma, Holanda, 2016), Tino Sehgal (Instead of Allowing Some Thing to Rise Up to Your Face Dancing Bruce and Dan and Other Things, Sevilla, 2015/ 2016), Jorge Crecis (Whistleblower , Granada, 2015) e Antonio Ruz (Manipula, Granada ,2014) entre outrxs.

Complemento a miña formación con profesionais como Lucas Condró, Sharon Fridman, Laly Ayguade, Les Slovaks, Rootlessroot Company, Jose Agudo (Akram Khan Company), Jorge Crecis, Daniel Abreu, Dairakudakan Temputenshiki, Cranämour Company, Hisako Horikawa e Patricia Caballero, entre outrxs.

 

Actualmente fago parte xunto con Belén Bouzas e Fran Martínez da compañía de artes do corpo Prácido Domingo, coa que desenvolvemos traballos de creación propia e obradoiros de Aikido aplicado á danza. Non hai que ser una casa para ter pantasmas é a nosa primeira creación xuntxs, gañadora do 1º premio no certame Xuventude Crea 2017 e Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid en 2018.

As vacacións máis longas é o meu primeiro traballo en solitario xestado dentro da convocatoria de residencias de creación Para·Iso (colectivo RPM/ AGADIC), finalista no Certame Internacional Sólodos en danza 2017 (Ourense) e estreado na súa versión longa en maio de 2018 no teatro Ensalle de Vigo dentro do festival Vigo en Bruto. No FIOT de Carballo, dentro dentro do seu Certame Un Metro Cadrado, recibo o premio á mellor interpretación. 

fotografía I.jpg
bottom of page